Aquí podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos nas axudas para adquisición de libros e material escolar (vales) e fondolibros.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDO LIBROS
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes a esta publicación.
Teléfono de atención do centro: 674587678
Correo electrónico: ceip.merza@edu.xunta.gal
O prazo para matricularse no centro por 1ª vez para o curso 2020-2021 será do 22 ao 25 de xuño (ambos inclusive) en horario de 10:00 a 14:00 h.
➬Documentación a entregar no centro:
-
Formulario a cubrir. ANEXO
-
Fotocopia do DNI dos pais ou titores legais.
-
Fotocopia do Libro de familia.
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
-
2 fotos tamaño carné.
-
Certificación médica expedida polo pediatra.
-
Certificado de empadroamento expedido polo Concello.
-
Certificado de minusvalía, se é o caso.
-
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/dos
titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de
separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es,
agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un
deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de
admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro
educativo.
-
Certificado do centro do que proceden no que conste o ano e
ciclo que cursou ( só aqueles que fagan un traslado de colexio)
TELÉFONOS DE CONTACTO: 886151758 / 674587678
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.merza@edu.xunta.gal
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.merza@edu.xunta.gal
Bos días rapazada de Merza!!! Hoxe chega o último día de curso e teríamos que estar de festa no cole.
Como esto non pode ser, deixámosvos este pequeno genially cheo de lembranzas e un xogo final, esperamos que vos guste.
Unha aperta enorme para todos e todas e vémonos en setembro coas pilas cargadas, felices vacacións.
PARA CONSEGUIR O NÚMERO SECRETO TEDES QUE PASAR POR TODOS OS DESTINOS
Pinchando no enlace podedes acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.
Bo día! nesta última semana de curso déixovos 2 actividades sobre 2 temas que non nos dou tempo a ver por mor do Covid-19. A primeira é sobre a Terra e a segunda é un vídeo sobre o universo. De seguro que xa saberedes moitas cousas sobre ambos temas tan interesantes, pero sempre está ben ampliar o noso coñecemento.
Bo día! Mañá, xoves 18, ás 12 da mañá, temos programada unha videoconferencia para despedirnos de maneira telemática, xa que non pode ser presencial, tal e como nos gustaría. A continuación, déixovos o enlace e os datos para poder unirvos á reunión.
Enlace: www.eduxunta.webex
Número de sesión: 121 301 5846
Contrasinal: kP9dDPZmm37 (ollo coa alternancia maiúsculas e minúsculas)
Non faltedes!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)